Mellora a túa calidade de vida coa nosa terapia de Biofeedback en Lugo
O Biofeedback é unha técnica que permite visualizar en tempo real os procesos fisiolóxicos que teñen lugar no noso corpo. Mediante a utilización de tecnoloxía avanzada, podemos medir parámetros como a taxa cardíaca, tensión muscular, volume de fluxo sanguíneo, respiración, ondas cerebrais... Utilizar esta información como “feedback” a través do adestramento, permítenos aprender a mellorar a nosa saúde e rendemento.
É un dos métodos máis efectivos para afrontar múltiples problemas derivados do estrés, o cal conleva unha infinidade de consecuencias asociadas: disfuncións do sistema nervioso e consecuentes trastornos nos sistemas respiratorios, cardiovascular, musculo-esquelético... A práctica consciente e continuada fai que adquiramos e automatizemos/automaticemos os hábitos correctos de control das nosas respostas fisiolóxicas, incorporando así o aprendido á nosa vida diaria de maneira inconsciente e sen necesidade de apoio da tecnoloxía.
Entre os problemas tratables mediante esta técnica pódense destacar, entre outros: #Estrés e trastornos de ansiedade, dores de cabeza e cefaleas tensionales, hemicrania, problemas respiratorios, insomnio, bruxismo, trastornos musculares e gastrointestinales, hipertensión, incontinencia urinaria ou a enfermidade de Raynaud.